Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18559

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Sección de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: casetas de Administración, planta baixa, rúa Ramón Puga, 52-54.

3º. Localidade e código postal: Ourense 32005.

4º. Telefono: 988 38 56 91.

5º. Fax: 881 54 70 69.

6º. Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día do prazo de presentación de proposicións.

d) Número do expediente: AB-EIO1-16-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de mantemento das instalacións eléctricas de baixa tensión en centros dependentes da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o número 2.6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

e) Prazo de execución: 24 mensualidades.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 50711000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase o número 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cento vinte mil cento vinte euros (120.120,00 €).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: corenta e seis mil douscentos euros (46.200,00 €).

b) Importe total: cincuenta e cinco mil novecentos dous euros (55.902,00 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): non se exixe. Non obstante, véxase a cláusula 6.6.2, alínea d), do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: véxanse as alíneas e) e f) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Outros requisitos específicos: non proceden.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do cuadraxésimo día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo de presentación de ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida no número 1.c).3 desta resolución, este prazo prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: véxase o número 5.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Dependencia: Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Domicilio: Edificio Santa María Nai, soto 3; rúa Ramón Puga, 56.

Localidade e código postal: Ourense 32005.

Correo electrónico: contratacion.chou@sergas.es

d) Número previsto de empresas que se pretende invitar para presentaren ofertas: non procede.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: véxase o número 5.6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: véxase o número 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Dirección: sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 5ª planta do Edificio Cirúrxico na rúa Ramón Puga, 52.

c) Localidade e código postal: Ourense 32005.

d) Data e hora: a data e a hora de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil de contratante, www.sergas.es .

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase o número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea:

12. Outras informacións: previamente á presentación das ofertas, os licitadores deberán visitar as instalacións nas cales se desenvolverá o servizo. A visita ten carácter obrigatorio e excluínte (véxase a cláusula 2.4.5 do PCAP).

Ourense, 11 de abril de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras