Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 27 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación ás persoas interesadas en procedementos xestionados nesta xefatura territorial, relativos ao expediente 575/X/05 e un máis.

En virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación de requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representados na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas para ter coñecemento do contido do dito requirimento. Advírteselles que, de non se facer así, se terán por notificadas cos efectos que se indican no anexo, logo da resolución que se ditará nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de abril de 2016

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

DNI/NIE

Nº de expte.

Concello

Documentación requirida

Efectos

Agrafojo Vieites, José María

33090036M

575/X/05

Noia

Copia do recibo do IBI e pensión do estranxeiro

Suspensión

Coira Sánchez, Antonio

32329147W

22/X/12

A Coruña

IRPF do 2014

Suspensión