Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18459

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3729/2015 CRS).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 3729/2015 CRS

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 1189/2013 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones ERBAP 2003, S.L.

Avogado: letrado Seguridade Social: Eva Mª Vidal Rodríguez

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 3729/2015 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Construcciones ERBAP 2003, S.L., sobre outros dereitos de Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos: que estimando en parte o recurso de suplicación interposto polo codemandado Instituto Nacional da Seguridade Social, revogamos parcialmente a sentenza ditada nos presentes autos polo Xulgado do Social número 5 desta capital, no particular relativo a absolver o INSS da condena ao pagamento das cantidades que fosen aboadas por IT en réxime de pagamento delegado. E mantemos os restantes pronunciamentos que a decisión impugnada contén.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones ERBAP 2003, S.L., con último domicilio coñecido na r/ Agro do Medio, Residencial Milladoiro Centro, 15864 Ames, Santiago de Compostela, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza