Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18461

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 4442/2015 MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 4442/2015 MRA

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 258/2014 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Recorrente: David González Queiro

Avogado: Jesús Manuel Puñal Souto

Recorridos: Fogasa, Atalanta Intercon, S.L.

Avogado: Fogasa

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4442/2015 desta sección, seguido por instancia de David González Queiro contra Fogasa, Atalanta Intercon, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que estimamos o recurso de suplicación interposto por David González Queiro contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 5 da Coruña con data do 28.7.2015 e debemos revogar e revogamos parcialmente a dita sentenza estimando a excepción de prescrición contra o Fogasa unicamente respecto ás contías salariais correspondentes aos períodos anteriores ao mes de febreiro de 2013 e declarando que respecto ao Fogasa non esta prescrita a acción para reclamar nin o 60 % da indemnización nin o salario do mes de febreiro de 2013; para o resto dos pronunciamentos mantense a sentenza impugnada.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias xudiciais, salvo que se trate de autos, sentenzas ou localizacións, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Atalanta Intercon, SL., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de abril de 2016

A letrada de Administración de xustiza