Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18564

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo dunha praza de inspector/a de policía e dez de profesores/as de música.

As bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 50, do 13.3.2015 e a súa rectificación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 77, do 22.4.2016 e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 84, do 3.5.2016:

Persoal funcionario:

– 1 praza de inspector/a da Policía Local, encadrada na escala executiva, subescala servizos especiais e integrada no grupo A, subgrupo A2, polo sistema de mobilidade, mediante concurso.

Persoal laboral fixo:

– 3 prazas de profesores/as de Piano (27, 20 e 10 horas semanais), equiparadas ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Trompeta (28 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Violín (26 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Clarinete (30 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Percusión (13 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Saxofón (28 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Linguaxe Musical (22 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

– 1 praza de profesor/a de Piano e Linguaxe Musical (27 horas semanais), equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por concurso-oposición libre.

Redondela, 4 de maio de 2016

Javier Bas Corugeira
Alcalde