Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19222

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 2112/2015-S).

Eu, Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso suplicación 2112/2015-S desta sala, seguido por instancia de Silverio Fernández Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridad Social, Promoción de Industrias Orensanas, S.A. (Proinor, S.A.), Caborco Escuro, S.A., Administración Concursal Iberoitaliana de Pizarras (Arturo González Estévez), Empresa de Servicios Pandela, S.L., Admón. Concursal Pebosa, S.A. (José Benito López Ferreiro), Pizarras Albar, S.A., El Pedricio, S.L., Mutua Intercomarcal, mutua accid. traballo e enferm. profes. da S.S. nº 39 sobre accidente, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante Silverio Fernández Fernández, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, no 16 de decembro de 2014, nos presentes autos 616/2014, sobre grao de invalidez, promovidos polo referido recorrente, contra os demandados Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Intercomarcal, as empresas Promoción de Industrias Orensanas, S.A., Arturo González Estévez (administrador concursal da empresa Iberoitaliana de Pizarras, S.A. en liquidación), Empresa de Servicios Pandela, S.L., Caborco Oscuro, S.A., José Benito López Ferreiro (administrador concursal da empresa Pebosa, S.A., en liquidación), Pizarras Albar, S.A. e El Pedricio, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á Empresa de Servicios Pandela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza