Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Mércores, 18 de maio de 2016 Páx. 19224

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (733/2015).

Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal nº 733/2015 seguido por instancia de Carballal Construcciones e Instalaciones, S.L.U. fronte a Fernando Rey Pérez se ditou sentenza, cuxa decision é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda interposta por Carballal Construcciones e Instalaciones, S.L.U. contra Fernando Rey Pérez; e condeno a Fernando Rey Pérez a aboar a Carballal Construcciones e Instalaciones, S.L.U. a cantidade de 1.005,94 euros, máis os xuros legais da devandita cantidade desde o 16 de outubro de 2015 ata a data desta resolución, e desde esta os sinalados no artigo 576 LAC.

Impóñense as custas a Fernando Rey Pérez.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, con advertencia de que fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días ante este xulgado».

E encontrándose o devandito demandado, Fernando Rey Pérez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Pontevedra, 12 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza