Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19355

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Yesica Costa Fernández contra Paulina Kinga Siwiec Zygmunt, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións do auto polo cal se despacha orde de execución e Decreto do 29 de febreiro de 2016 cuxas partes dispositivas son:

«Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Yesica Costa Fernández, contra Paulina Kinga Siwiec Zygmunt, parte executada, por importe de 3.500 euros en concepto de principal máis outros 350 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Este auto, xunto co decreto que ditará a secretaria xudicial, e copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da Lei de axuizamento civil (LAC), e a executada quedará apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo do tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que podería incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título; a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, mediante transferencia en 00493569920005001274, e no campo «Concepto» deberá indicar o número de conta 5076/0000/64/0001/16. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a, a secretaria xudicial».

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Paulina Kinga Siwiec Zygmunt pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros devindicados, de ser o caso, ata a data da demanda, e, se non paga no prazo de dez días, ingresándoo na conta número 00301846420005001274 aberta en Banco Santander, debendo indicar no campo «Concepto», transferencia no número de conta 5076 0000 64 0001 16. Se non paga, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola cal se despachou execución máis as custas desta; para o efecto librarase mandamento ao servizo común de actos de comunicación –mandamento á Comisión Xudicial para que practique o requirimento– exhorto á oficina xudicial do domicilio do executado que figura nas actuacións.

– Requirir a Paulina Kinga Siwiec Zygmunt co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, de ser o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non verificalo, poderá ser sancionada, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e os gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do Auto do 22 de febreiro de 2016 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3, punto final).

Á vista do escrito presentado polo letrado Carlos Castro Álvarez, tense por renunciado á defensa da executada e, por iso, requírase a executada para que no prazo de cinco días designe novo representante ou profesional, baixo apercibimento de que, en caso de non efectualo, se entenderá con ela persoalmente as sucesivas actuacións.

Notifíqueselles ás partes, ás cales se lles fará saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 00301846420005001274, aberta en Banco Santander, e indicar no campo «Concepto», transferencia no número de conta 5076 0000 64 0001 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «Recurso» seguida do «31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

Posteriormente, dítase decreto de embargo cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade á orde xeral de execución, acordo o embargo dos seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver á parte executada. Para ese efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que, segundo os datos existentes na aplicación informática, posúa ao seu favor a entidade executada, en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o que se levará a efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

Non constando ningún outro domicilio da parte executada nas bases de datos informáticas máis que aquel en que o resultado das notificacións anteriores foi negativo, notifíqueselle á parte executada a parte dispositiva do auto e o Decreto do 29 de febreiro de 2016, así como da presente resolución por medio de edictos que se inserirán no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

– A conta de consignacións do órgano xudicial para efectos de pagamento será a seguinte: conta número 5076 0000 64 0001 16, e deberase indicar no campo «Concepto», de pagamento.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0001 16. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo «Concepto» deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0001 16. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo Observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza, a secretaria xudicial».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Paulina Kinga Siwiec Zygmunt, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza