Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19311

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 6 de maio de 2016 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol–San Cibrao.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Confederación de Empresarios da Coruña,

DISPOÑO:

Renovar o mandato de Francisco Santiáñez Otero como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación das organizacións empresariais.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar