Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 19 de maio de 2016 Páx. 19312

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2016.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2016 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración coa Federación Unión de Asociaciones Gallegas en la República Argentina

Organización do día de Bos Aires celebra Galicia na cidade de Bos Aires

45.000 €

1.3.2016

Convenio de colaboración coa Sociedade Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en São Paulo (Brasil)

12.000 €

7.3.2016

Convenio de colaboración coa Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Santos (Brasil)

12.000 €

10.3.2016

Convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega

10.000 €

14.3.2016

Convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega

2.500 €

14.3.2016

Convenio de colaboración coa Diocese de Lugo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega

2.500 €

14.3.2016

Convenio de colaboración coa Diocese de Ourense

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega

4.000 €

14.3.2016

Convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega

2.500 €

14.3.2016

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Mantemento da Oficina de Información e Asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

60.000 €

22.3.2016

Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba

Organización de actividades de participación promovidas pola Secretaría Xeral da Emigración

36.000 €

22.3.2016