Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19431

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 10 de maio de 2016 pola que se dispón a renovación de tres vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Renovar o mandato dos seguintes vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia:

• José Juan Durán Hermida

• Juan Carlos Maneiro Cadillo

• Covadonga Salgado Blanco

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar