Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 20 de maio de 2016 Páx. 19430

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 3 de marzo de 2016 pola que se aproba o modelo normalizado de solicitude de acceso á información pública da Administración xeral e das entidades integrantes do sector público autonómico de Galicia.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 44, do 4 de marzo de 2016, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 8255, no artigo 6, deben substituírse os ficheiros denominados «expedientes de acceso á información pública» por ficheiros denominados «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», co que a redacción do citado artigo debe ser a seguinte:

«Artigo 6. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nos ficheiros denominados «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. Os órganos responsables destes ficheiros serán a Secretaría Xeral da Presidencia e as secretarías xerais técnicas das correspondentes consellerías, ante os cales poderán exercerse os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, mediante o envío dunha comunicación».