De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio para ser notificada por comparecencia.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal –Servizo de Xestión Forestal–, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa, e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016
Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal
ANEXO
Expediente: MON-CO-0145/2015-DIA.
Interesada: América Insua Turnes.
Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.
Último enderezo coñecido: praza da Lagoa, 6, 1º B, Adormideras, A Coruña.