Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación do contrato de seguros de responsabilidade civil, de vehículos, de accidentes e enfermidades de traballo e de danos en bens mobles e inmobles.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i) Dependencia: Secretaría.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

iv) Teléfono: 981 69 14 78.

v) Telefax: 981 69 17 86.

vi) Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es

vii) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii) Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2016/017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado de servizos.

b) Descrición: seguro de responsabilidade civil, de vehículos, de accidentes e enfermidades de traballo e danos en bens mobles e inmobles do Concello de Oroso, dividido en catro lotes:

Lote 1: seguro de responsabilidade civil.

Lote 2: seguro de responsabilidade civil e danos de vehículos de motor.

Lote 3: seguro de accidentes e enfermidades de traballo.

Lote 4: seguro de danos a bens mobles e inmobles.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver o artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver o artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación (exento de IVE segundo o artigo 20.1.16 da Lei 37/1992 do IVE).

a) Lote 1: seguro de responsabilidade civil. Importe: 26.000 euros.

b) Lote 2: seguro de responsabilidade civil e danos de vehículos a motor. Importe: 14.800 euros.

c) Lote 3: seguro de accidentes e enfermidades de traballo. Importe: 4.000 euros.

d) Lote 4: seguro de danos a bens mobles e inmobles: 24.000 euros.

5. Garantías exixidas. Definitiva: (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 86.860 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i) Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii) Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii) Localidade e código postal: Oroso 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 23 de maio de 2016

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde