Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 30 de maio de 2016 Páx. 20861

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar e Canelas.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar e Canelas, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da explotación dos servizos de tempada nas praias de Silgar, Baltar e Canelas.

A adxudicación realizarase polos seguintes lotes:

– Lote A: praia de Silgar.

– Lote B: praia de Baltar.

– Lote C: praia de Canelas.

2. Duración do contrato: anualidade do ano 2016, coa posibilidade da existencia de tres (3) prórrogas dunha anualidade cada unha (2017, 2018 e 2019).

3. Prezo da licitación: por anualidade, non poderá ser inferior ás seguintes cantidades:

Lote A (Silgar):

• 93.170,00 euros (incluído IVE).

Lote B (Baltar):

• 18.150,00 euros (incluído IVE).

Lote C (Canelas):

• 42.350,00 euros (incluído IVE).

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con múltiples criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que, se o prazo remata en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 7ª e 8ª dos pregos das cláusulas administrativas particulares:

– Memoria de desenvolvemento da explotación: ata un máximo de cincuenta (50) puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar unha memoria que conteña a descrición do desenvolvemento da explotación do servizo, así como unha valoración detallada dos incrementos de calidade propostos polos licitadores, tanto das instalacións vinculadas á explotación do servizo sobre o previsto na cláusula 3ª do prego de prescricións técnicas como no incremento da calidade ofertados en melloras hixiénico-sanitarias, ambientais e estéticas, así como nas medidas propostas polos licitadores que favorezan e/ou melloren a accesibilidade ao servizo de persoas con mobilidade reducida. A valoración destes incrementos de calidade deberán asimilarse a prezos actuais de mercado.

Non se valorarán aqueles aspectos que se apliquen noutras accións diferentes ás da radicación do obxecto do contrato, nin se permitirá o aumento deste.

A non presentación da memoria conforme o disposto nesta cláusula determinará que a puntuación por este criterio sexa de cero (0) puntos.

Para a determinación da puntuación que, se é o caso, corresponda a cada valoración dos incrementos de calidade propostos polos licitadores conforme o establecido no parágrafo 1º, concederase a máxima puntuación por este criterio á maior valoración nos incrementos de calidade propostos e que cumpran a totalidade dos requisitos para poder ser valorados, o resto obterán a puntuación proporcional que corresponda con relación á máxima valoración dos incrementos da calidade propostos.

– Prezo: o licitador ofertará unha cantidade que non poderá ser inferior ao prezo por anualidade e por lote, co IVE incluído, que se describe na cláusula 2ª do prego de cláusulas administrativas particulares. A puntuación máxima que se outorgará por este criterio será de cincuenta (50) puntos conforme a seguinte distribución:

Dez (10) puntos por cada catro (4) % de alza sobre a cantidade que por este concepto figura na cláusula 2ª do prego de cláusulas administrativas particulares para cada lote. No caso de que se ofrecese unha fracción de incremento que non alcanzase o 4 % de alza, a puntuación que se outorgaría por esta fracción sería proporcional con dous decimais.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 9ª e 10ª dos pregos das cláusulas administrativas particulares.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias: acreditarase segundo o disposto nas cláusulas 6ª e 14ª dos pregos das cláusulas administrativas particulares.

-Solvencia económica e financeira: acreditarase mediante un seguro de indemnización por riscos profesionais vixente, como mínimo, ata a fin do prazo de presentación de ofertas, por importe equivalente ao dobre do prezo por anualidade do contrato, sen IVE, que para cada lote se detalla na cláusula 2ª do prego de cláusulas administrativas particulares, para o que se presentará un certificado expedido polo asegurador en que conste o importe e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro, así como achegar o documento de compromiso vinculante da renovación ou prórroga que garanta o mantemento de cobertura durante toda a execución do contrato. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador está inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación dos principais servizos, que incluirá importe, datas e o destinatario, público ou privado, destes, realizados nos últimos cinco (5) anos anteriores á data finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, debendo acreditar o licitador como executado en servizos de igual ou similar natureza ca os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo licitador e os que constitúen o obxecto, do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación para o CPV 55100000-1, ou a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 92332000-7 (92) para este último CPV, durante o ano de maior execución do período citado, un importe igual ou superior a 25.000,00 euros, sen incluír o IVE, para o lote A, 7.500,00 euros, sen incluír o IVE, para o lote B e 17.500,00 euros, sen incluír o IVE, para o lote C. Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

10. Garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación inicial e posibles prórrogas, excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es, perfil do contratante.

Sanxenxo, 20 de maio de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde