En sesión que tivo lugar o día 23 de maio de 2016, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 10 de xuño de 2016, no salón de actos, aula 1 e aula 9 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 16.30 horas.
Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.
Non se permitirá o acceso á aula en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016
Pablo Leis Mol
Presidente do tribunal