M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección 1 desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 640/2016 desta sección, seguidos por instancia do Fogasa contra María Noelia Fernández Cid e Grupo Barroso Direct, S.A., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Fogasa contra a sentenza ditada o 25.9.2015 polo Xulgado do Social número 1 de Ourense en autos nº 444-2015 sobre despedimento seguidos por instancia de María Noelia Fernández Cid contra o recorrente e a demandada Grupo Barroso Direct, S.A., resolución que se mantén na súa integridade.
Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:
– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.
– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria dende unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).
Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».
E para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Barroso Direct, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.
A Coruña, 5 de maio de 2016
A letrada da Administración de xustiza