Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 13 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de instalación de liñas longas (long lines) para o cultivo de mexillón na enseada de Merexo, no concello de Camariñas, promovido por Mariscos Ricamar, S.L. (clave 2014/0113).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 12 de maio de 2016, do proxecto de instalación de liñas longas (long lines) para o cultivo de mexillón na enseada de Merexo, no concello de Camariñas (A Coruña), promovido por Mariscos Ricamar, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental