Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto do depósito de sobrantes de terras, da A-54, treito A Lavacolla-Arzúa oeste, na parroquia de Oíns, no concello de Arzúa, promovido por Dragados, S.A. (clave 2016/0006).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 11 de maio de 2016 relativo ao proxecto do depósito de sobrantes de terras, da A-54, treito A Lavacolla-Arzúa oeste, na parroquia de Oíns, no concello de Arzúa (A Coruña) promovido por Dragados, S.A.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón:

http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental