Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22754

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 11 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental sobre o proxecto de ampliación dunha explotación avícola sita no lugar de Alto do Santo, no concello de Maceda (Ourense), promovido por Javier González Cristovo (clave 2015/0115).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, punto 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 10 de maio de 2016, relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola sita no lugar de Alto do Santo, no concello de Maceda (Ourense), promovido por Javier González Cristobo.

Esta declaración pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental