Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 20 de maio de 2016, de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola dunha superficie de 3,69 hectáreas da parcela 52 (recinto 1) do polígono 5, ZCP 1, do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 20 de maio de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola nunha superficie de 3,69 hectáreas da parcela 52 (recinto 1) do polígono 5, ZCP 1, do termo municipal da Fonsagrada (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada, o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 7 de abril de 2016 (anuncio publicado no DOG núm. 87, do 9 de maio).

Lugo, 23 de maio de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo