Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica o acordo de inicio de procedemento ditado no expediente 115103200032012, de axuda para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio de procedemento ditado no expediente de axuda para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias nº 115103200032012.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense da Consellería do Medio Rural (r/ Florentino Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito acordo e a constancia de tal coñecemento.

Concédeselle á persoa interesada un prazo de quince días hábiles para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural (Secretaría Xeral Técnica, Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo indicado para formular alegacións e presentar documentación se computará a partir do día seguinte ao da dita publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 115103200032012, de axuda para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias.

Interesado: Aconsellamento Integral de Explotacións.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento.

Último enderezo coñecido: Poboado de San Salvador, 7, baixo, 32780 A Pobra de Trives, Ourense.