Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22733

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (692/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 692/2013 por instancia de Francisco Javier Suárez Míguez contra Invergalia Activos, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 11.5.2016 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Francisco Javier Suárez Míguez e condeno a empresa Invergalia Activos, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 12.282,56 euros, dos cales 3.186,60 euros corresponden á indemnización por despedimento e 9.095,96 euros, a salarios, vacacións e axudas, devindicando esta última o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Invergalia Activos, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de maio de 2016

A secretaria xudicial