Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22854

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do servizo de limpeza de gabias e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais.

Na Xunta Local de Goberno do 12.5.2016 aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións do servizo de limpeza de gabias e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza de gabias e marxes, mantemento de estradas e camiños municipais do concello de Mos. CPV 90600000.

Duración do servizo: catro (4) meses.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: o valor estimado do contrato é de 100.246,10 €, máis 21.051,68 € de IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos, r/ Reguengo, 1, Petelos, 36416 Mos, Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista: están sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os quince días naturais desde o seguinte ao de publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e das 9.00 ás 13.00 horas, os sábados, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e coa documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o sexto día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para os efectos da apertura o sábado considérase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 12 de maio de 2016

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa