Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de ordenación do núcleo rural da Igrexa-Vilamaior (expediente 193/2015).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 11 de marzo de 2016, adoptou o seguinte acordo:

1º. Aprobar inicialmente o Plan especial de ordenación do núcleo rural da Igrexa-Vilamaior, Ordes, promovido pola Asociación Veciñal da Parroquia de Vilamaior.

2º. Someter o expediente a información pública durante un mes mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia.

3º. Solicitar das administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten preceptivos.

4º. Suspender as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

O prazo de exposición pública do expediente iniciarase o día seguinte ao de publicación deste anuncio no DOG.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Ordes, 30 de marzo de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente