Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22857

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de licitación para a contratación, mediante procedemento aberto, da explotación do servizo de cafetaría da Cidade Deportiva de Vista Alegre.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

Organismo: Concello de Ordes. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría, nº 05/C/16. Domicilio: rúa Alfonso Senra 108, Ordes 15680. Teléfono: 981 68 00 02. Fax: 981 68 22 21. Correo electrónico: correo@ordes.gal. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ordes.gal .

2. Obxecto do contrato: administrativo especial, explotación da cafetaría da Cidade Deportiva de Vista Alegre. Lugar de execución: Ordes. Prazo de execución: catro anos. Admisión de prórroga: si. CPV (referencia de nomenclatura): 55330000/2.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto. Criterios de adxudicación e a súa ponderación: canon ofertado (ata 60 puntos), proxecto de explotación (ata 25 puntos) e equipamento proposto (ata 15 puntos).

4. Orzamento base de licitación: valor estimado do contrato: 18.000 euros. Canon anual mínimo. Importe neto: 3.000 euros. IVE: 630 euros. Importe total: 3.630 euros.

5. Garantías exixidas: definitiva: por importe equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Presentación de ofertas: data límite de presentación: quince (15) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se realice a última publicación no BOP ou no DOG. Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 12.1 do prego de cláusulas administrativas particulares. Lugar de presentación: Rexistro Xeral, rúa Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes. Enderezo electrónico: correo@ordes.gal .

7. Apertura das ofertas: Concello de Ordes, rúa Alfonso Senra 108, 15680 Ordes. Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

Ordes, 30 de maio de 2016

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente