Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 7 de xuño de 2016 Páx. 22858

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Casco Vello.

Faise pública, para o coñecemento xeral, a seguinte formalización de contrato de arrendamento:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2329.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: privado.

b) Descrición do obxecto: arrendamento dun inmoble para a cesión do seu uso á Asociación de Veciños Casco Vello.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 22 de decembro de 2015, 29 de decembro de 2015 e 28 de decembro de 2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 4.102,82 euros. IVE: 861,59 euros. Importe total: 4.964,41 euros/anuais.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 28 de abril de 2016.

b) Data de formalización: 11 de maio de 2016.

c) Adxudicatario: José Pérez Cougil.

d) Importe de adxudicación: Importe neto: 3.960,00 euros. IVE: 831,60 euros. Importe total: 4.791,60 euros/anuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir con todos os criterios dos pregos de condicións, de conformidade co informe técnico.

Ourense, 11 de maio de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde