Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23184

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 18 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se someten a información pública varias solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizada polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 631/RX2548797.

Data: 16.12.2015.

Solicitante: Concello de Vilariño de Conso.

Especie: Castanea sativa Mill.

Localidade: Vilariño de Conso.

Concello: Vilariño de Conso.

Provincia: Ourense.

Rexistro de entrada: 4211/RX725693.

Data: 18.3.2016.

Solicitante: IES do Castro.

Especie: Phytolaca dioica L.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 214/RX964741.

Data: 12.4.2016.

Solicitante: Fernando Rial Noia.

Especie: Quercus robur L.

Localidade: Antes.

Concello: Mazaricos.

Provincia: A Coruña.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións e a documentación presentada xunto con elas se someterán ao trámite de información pública por un prazo de vinte (20) días, para os efectos de que os interesados poidan presentar os documentos e as xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio e da documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de vinte (20) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxcn.cmati@xunta.es, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Ourense (rúa do Paseo, 18, 32003 Ourense), Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43-1º-4º, 36003 Pontevedra) e A Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), segundo corresponda a cada expediente.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/seccion-organizacion/c/DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información dos expedientes que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal).

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza