Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, do parque eólico Santa Comba, nos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra (A Coruña), promovido pola sociedade Eólica Galenova, S.L. (expediente IN661A 7/2010).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Eólica Galenova, S.L. (en diante, o promotor) en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Santa Comba (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 30 de abril de 2010 pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais ao abeiro da Orde do 20 de xaneiro de 2010, pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais (DOG nº 18, do 28 de xaneiro), admitiuse a trámite o parque eólico cunha potencia de 40 MW.

Segundo. O 2.11.2010 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial, a declaración de impacto ambiental, a inclusión no réxime especial e a declaración, en concreto, de utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. O 9.5.2011 o promotor presentou o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Cuarto. Por Resolución do 21 de febreiro de 2013, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública para autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e necesidade de urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución, proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e estudo de impacto ambiental das instalacións referidas ao parque eólico.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 8.4.2013, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 12.4.2013 e no xornal El Correo Gallego do 8.4.2013. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios da Xefatura Territorial e dos concellos afectados (A Baña, Santa Comba e Val do Dubra). Con data do 12.4.2013 publicouse unha corrección de erros no Diario Oficial de Galicia en que se incluía un propietario do predio 216-1 no anexo da citada resolución.

Durante o período de información pública presentáronse as alegacións indicadas no punto 1 do anexo desta resolución, sobre as cales a xefatura territorial informou o 25.6.2014.

A seguir resúmese o contido das alegacións presentadas:

– Presentouse unha alegación en que se manifesta o acordo coa declaración de utilidade pública formulada pola sociedade Eólica Galenova, S.L.

– Solicitudes de denegación e oposición á declaración de utilidade pública formulada pola sociedade Eólica Galenova, S.L.; pola falta de información ou de negociación para chegar a un acordo cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos.

– Solicitude de modificación do trazado da servidume afectada, así como a modificación da superficie afectada polo procedemento de declaración de utilidade pública. Propostas de cambios de trazado, así como propostas de soterramento da liña de media tensión correspondente.

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, cos apelidos dos titulares, coas superficies afectadas, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobreos predios, etc.

– A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que se avalíen os posibles efectos sinérxicos e acumulativos co parque eólico Vilamartiño; que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona; que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007; que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

– Presentáronse alegacións en relación coa tramitación do proxecto, coa falta de valoración dos posibles efectos con outros parques eólicos da contorna, co feito de compartir infraestruturas de transformación e evacuación, así como outros aspectos ambientais ligados ao proxecto do parque eólico.

– Alegacións relativas ao procedemento polo que se aproba o proxecto do parque eólico como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, así como alegacións nas que se solicita a nulidade da Resolución do 21 de febreiro de 2013, relativa á información pública, recollida neste punto cuarto.

Quinto. O 2.5.2014 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial informou de que o parque eólico non afectaba ningún dereito mineiro.

Sexto. Durante a tramitación do procedemento, e de acordo co establecido nos artigos 127 e 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a Xefatura Territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Unión Fenosa Distribución; Concello de Val do Dubra; Concello da Baña; Concello de Santa Comba; Deputación da Coruña; Retevisión; Retegal; Augas de Galicia e Agencia Estatal de Seguridade Aérea.

Sétimo. O 11.4.2013 Unión Fenosa Distribución emitiu o correspondente condicionado no que se recolle a necesidade de solicitar a correspondente autorización para analizar a necesidade parcial de soterramento da liña de media tensión 20 kV Negreira 7 propiedade da empresa. O promotor no seu escrito do 17.9.2013 mostrou a súa conformidade con respecto ao condicionado e que, en consecuencia, previamente ao inicio das obras, informará a Unión Fenosa Distribución para que poida proceder á análise e valoración das modificacións necesarias das súas instalacións.

Oitavo. O 9.5.2013 o Concello de Val do Dubra emitiu o correspondente condicionado. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 5.12.2013.

Noveno. O 29.11.2013 a xefatura reiterou a solicitude de informe aos concellos da Baña, Santa Comba e á Deputación da Coruña.

Décimo. O 17.12.2013 Retevisión emitiu o correspondente condicionado en que solicitou a necesidade de adoptar medidas previas á construción do parque que procuren a eliminación de todo tipo de afeccións e perturbacións sobre os seus servizos prestados. No escrito do 29.1.2014 o promotor comprometeuse a adoptar as medidas axeitadas para a eliminación de todo tipo de afeccións, sempre e cando as ditas afeccións sexan atribuíbles á instalación do parque eólico Santa Comba.

Décimo primeiro. O 26.12.2013 Retegal emitiu o correspondente condicionado. Nel indícase que o promotor deberá acometer as medidas necesarias que permitan o restablecemento da calidade e a correcta recepción dos sinais de TDT que se vexan afectados. No escrito do 29.1.2014 o promotor mostrou a súa conformidade, sempre e cando as afeccións sexan atribuíbles á instalación do parque eólico.

Décimo segundo. O 31.3.2014 Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado, en que emite informe favorable e indica que, previamente ao inicio das obras, se solicite autorización a Augas de Galicia conforme o establecido no Regulamento do dominio público hidráulico. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 29.4.2014.

Décimo terceiro. O 26.11.2014 a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico e estableceu o correspondente condicionado. O promotor mostrou a súa conformidade mediante escrito do 5.12.2014.

Décimo cuarto. O 25.6.2014 a Xefatura Territorial emitiu o informe sobre as instalacións electromecánicas recollidas no proxecto de execución do parque eólico.

Décimo quinto. O 26.6.2014 a Xefatura Territorial remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo sexto. O 16.11.2015 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 22 de xaneiro de 2016 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 49, do 11 de marzo).

Décimo sétimo. O 22.3.2016 a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 20 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polos artigos 38 e 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. No informe do Servizo de Enerxía e Minas da Coruña do 2.5.2014, así como no correspondente informe emitido o 25.6.2014, non se recolle ningún dereito mineiro vixente que afecte a área definida pola poligonal do parque eólico, polo que non foi necesaria a apertura do trámite de compatibilidade a que se refire o artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Cuarto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En relación coa titularidade e as características dos bens e dereitos afectados, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do eventual procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,...), así como das afeccións reais do proxecto sobre estes. Ademais, o promotor presentou o seu compromiso de acadar acordos cos titulares de bens e dereitos afectados polo proxecto.

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. No que respecta ás alegacións relativas á modificación do trazado da servidume afectada, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios coa dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

4. En relación coa falta de acordos cos propietarios incluídos na relación de bens e dereitos afectados, o promotor declarou que se atopa en negociacións cos afectados. Neste senso, cómpre manifestar que o promotor achegou documentación acreditativa de ter acadado acordo con algúns dos titulares dos terreos afectados.

5. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 16.11.2015, que se fixo pública por Resolución do 22 de xaneiro de 2016 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas (DOG nº 49, do 11 de marzo).

6. Co obxecto de aclarar as alegacións presentadas en relación cos procedementos realizados durante a tramitación do proxecto, cabe indicar que este foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental, como resultado do cal se formulou a declaración de impacto ambiental con carácter previo á autorización do parque eólico.

7. Tanto no estudo de impacto ambiental como na súa addenda tivéronse en conta os posibles efectos acumulativos ou sinérxicos con outros parques eólicos da contorna. Estes efectos menciónanse en varias epígrafes da declaración de impacto ambiental (por exemplo, nos números 1.2, 3.4, 3.5 e 3.8). Así mesmo, hai que sinalar que a proximidade a outro parque eólico (o de Vilamartiño) foi precisamente o motivo polo cal o proxecto do parque se someteu a avaliación de impacto ambiental.

8. Os parques eólicos da contorna contan todos eles con declaración de impacto ambiental. A solución conxunta de evacuación prevista tamén é obxecto de trámite de avaliación de impacto ambiental. O feito de compartir infraestruturas de transformación e evacuación diminúe os efectos acumulativos e outros impactos ambientais.

9. No que respecta ás alegacións relativas ao procedemento polo que se aproba o proxecto do parque eólico como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal serán tidas en conta seguindo o marco regulado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

10. No relativo ás alegacións en que solicita a nulidade da Resolución do 21 de febreiro de 2013, relativa á información pública, recollida no punto cuarto dos antecedentes de feito, cómpre indicar que, de acordo co artigo 107.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, os interesados só poderán interpoñer os recursos de alzada e potestativo de reposición contra as resolucións e os actos de trámite se estes últimos deciden directa o indirectamente o fondo do asunto, determinan a imposibilidade de continuar o procedemento, ou producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos. A oposición aos restantes actos de trámite poderá ser alegada polos interesados para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Santa Comba, situado nos concellos da Baña, Santa Comba e Val do Dubra (A Coruña) e promovido pola sociedade Eólica Galenova, S.L., cunha potencia de 40 MW.

Segundo. Aprobar o proyecto de execución. Parque eólico Santa Comba (Nº visado 2172/10, data 29.10.2010) asinado polo enxeñeiro industrial Eduardo Ardila Ortuño, colexiado nº 1238/451 do Colexio Nacional de Enxeñeiros de ICAI. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Eólica Galenova, S.L.

Domicilio: r/ Paseo de la Castellana 140, 6º B, 28046 Madrid.

Denominación: parque eólico Santa Comba.

Potencia máxima evacuable: 40 MW.

Concellos afectados: A Baña, Santa Comba e Val do Dubra (A Coruña).

Produción neta anual estimada: 102 GWh/ano.

Orzamento de execución material: 41.520.356,28 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

P.E. Santa Comba

Vértices poligonal

Coordenadas UTM

(Fuso 29)

X

Y

A

518.463

4.762.197

B

521.393

4.764.292

C

523.513

4.762.550

D

523.513

4.762.200

E

521.708

4.762.194

F

521.712

4.760.910

G

522.957

4.760.914

H

524.860

4.760.803

I

524.573

4.759.764

J

520.884

4.760.394

Coordenadas UTM (Fuso 29)

Nº aeroxerador

X

Y

SC-01

520.715

4.763.558

SC-02

520.953

4.763.321

SC-03

521.365

4.763.144

SC-04

521.861

4.763.058

SC-05

522.358

4.762.973

SC-06

522.659

4.762.757

SC-07

522.936

4.762.567

SC-08

523.212

4.762.377

SC-09

521.574

4.760.724

SC-10

522.062

4.760.675

SC-11

522.663

4.760.616

SC-12

523.163

4.760.520

SC-13

523.616

4.760.339

SC-14

524.221

4.760.315

Torres meteorolóxicas: coordenadas UTM (Fuso 29)

X

Y

SC-TC01

521.122

4.763.544

SC-TC02

521.385

4.760.888

Subestación: coordenadas UTM (Fuso 29)

Vértices

X

Y

A

523.139

4.760.253

B

523.173

4.760.303

C

523.218

4.760.273

D

523.184

4.760.223

E

523.188

4.760.238

Características técnicas das instalacións:

• 14 aeroxeradores: 12 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico cunha altura de 119 m e 2 aeroxeradores Vestas V-90 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria e 105 m de fuste.

• 14 centros de transformación de relación de transformación de 0,69/30 kV, Dyn, no caso da V-90 e 0,65/30 kV, Dyn5, no caso da V-112, situados no interior do fuste de cada aeroxerador cos correspondentes aparellos de manobra e protección.

• Liñas eléctricas soterradas de 30 kV de tensión nominal, instaladas directamente soterradas en gabia, para a interconexión dos centros de transformación 0,69/30 kV (para o caso da V-90) e 0,65/30 kV (para o caso da V-112) entre si e coa subestación transformadora 30/132 kV.

• Subestación transformadora coa parte de 132 kV instalada en intemperie e a de 30 kV interior, equipada con transformador de 40/50 MVA ONAN/ONAF e relación de transformación 30/132 kV, celas de media tensión 30 kV, transformador de servizos auxiliares e posición con batería de condensadores.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Eólica Galenova, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 830.407,13 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Eólica Galenova, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 311.403 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG nº 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba.

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de nove meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 16.11.2015 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Conxuntamente coa solicitude de posta en servizo das instalacións, o promotor deberá presentar ante a dita xefatura territorial a documentación acreditativa do funcionamento dos sistemas implantados de control de potencia que deberán vir certificados por un organismo de control autorizado.

7. Unha vez postas en servizo as instalacións, prestarase especial atención ao correcto funcionamento dos sistemas de limitación de potencia, de xeito que a potencia evacuada non supere en ningún momento os 40 MW.

8. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Eólica Galenova, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

9. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que lle resulten de aplicación.

10. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido nos artigos 38 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública indicado no antecedente de feito cuarto:

Sociedade Galega de Historia Natural, o 27.1.2011; José Herminio Turnes Ares, o 22.4.2013; Julio Turnes Ares, o 22.4.2013; Manuel Negreira Allo e Manuel Allo Martínez, o 23.4.2013; Arturo Germil Fernández, o 23.4.2013; Eduardo García Recarey, como herdeiro de Manuela García Recarey, o 24.4.2013; María del Carmen e Jesús Manuel Toja Romero, como herdeiros de José Toja Calvelo, o 26.4.2013; Jaime Olmedo Suárez Vence, como herdeiro de Jaime Olmedo Limeses, o 26.4.2013; Ángel Cesáreo Ares García, o 29.4.2013; María Herminda García Rey, o 29.4.2013; Francisco Javier Suárez Vence Santiso, o 30.4.2013; Juan José Parejó Vieito, en representación de Pilar Calvelo Ríos, o 2.5.2013; Alfredo García Torreira, o 3.5.2013; Celsa Pena Antelo, o 7.5.2013; Celestino Pena Bertua, o 7.5.2013; Jose María Pena Bertua, o 7.5.2013; José Germán Allo Negreira, o 8.5.2013; María Dolores Gil Gesto, o 9.5.2013; José Fajín Mouro, o 14.5.2013; María del Carmen Turnes Couto, o 14.5.2013; Manuel Toja Calvelo, o 14.5.2013; Dosinda Ares García, o 15.5.2013; José, Manuel e Jesús García Turnes, o 15.5.2013; Manuel Negreira Gerpe, o 16.5.2013; José Manuel García Parajó, en representación de Josefina Parajó Paredes, o 16.5.2013; Manuel Magariños García e María Delfina Ares García, o 20.5.2013; Manuel García García, en representación de Manuel Barreiro López e Josefina García García, o 31.7.2013; Josefina Torreira Torreira, o 23.11.2013.