Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23308

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade da Resolución do 11 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se modifica o acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña).

O 11 de maio de 2016 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña) que se transcribe a seguir:

O acordo da zona de concentración parcelaria de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña) foi aprobado pola dirección xeral competente por razón de materia no 16 de decembro de 2003 e publicado na forma legalmente establecida, atopándose na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, o Concello solicitou a cesión da titularidade dos predios, e para os fins que se indican a seguir:

Predio nº 66 para equipamento dotacional.

Predio nº 112 para parque da escola unitaria de Cereixo.

Predio nº 265 para depósito de madeira.

Predio nº 374 para terreo onde se sitúa a fosa de Mouzo.

Predio nº 383 para terreo onde se sitúa fosa de Cures.

Predio nº 640 para establecemento dunha estación depuradora de auga.

Predio nº 648 para depósito madeira.

Predio nº 751 para área recreativa de Lagoela.

Predio nº 993 para depósito de madeira.

Predio nº 1000 para depósito de madeira.

Predio nº 1007 para depósito de madeira.

Predio nº 1051 para depósito de madeira.

Predio nº 1054 para depósito de madeira.

Predio nº 1180 para reservar valores etnográficos da zona.

Predio nº 1605 para equipamentos públicos.

Predio nº 1681 para infraestruturas da depuradora municipal.

Predio nº 1695 para depósito de madeira.

Predio nº 1725 para depósito de madeira.

Predio nº 1777 para depósito de madeira.

Predio nº 1801 para fosa municipal.

Predio nº 1826 para depósito de madeira.

Predio nº 1853-1 para reservar valores etnográficos da zona.

Predio nº 1876 para terreo da fosa da Casiña.

Predio nº 1891 para establecemento duhna condución da rede de abastecemento.

Predio nº 1989 para equipamento dotacional de saneamento.

Predio nº 1990 para equipamento dotacional de saneamento.

Predio nº 1991 para equipamento dotacional de saneamento.

Vista a proposta da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973; a disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista dos destinos para os cales se solicitan os predios e respecto dos que son perfectamente subsumibles no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o acordo de concentración parcelaria da zona de Cereixo-Carnés (Vimianzo-A Coruña) e adxudicar ao Concello de Vimianzo a titularidade dos predios 66, 112, 265, 374, 383, 640, 648, 751, 993, 1000, 1007, 1051, 1054, 1180, 1605, 1681, 1695, 1725, 1777, 1801, 1826, 1853-1, 1873, 1891, 1989, 1990, 1991, que causan baixa no fondo de terras da zona para seren destinados aos fins que se recollen na parte expositiva da presente resolución.

2. Transcorridos cinco anos desde a cesión das propiedades sen que os predios fosen destinados aos fins para os cales son adxudicados, a titularidade dos referidos predios reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da comunidade autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3. Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Vimianzo.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderáse interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

A Coruña, 25 de maio de 2016

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña