Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia do acordo sobre determinadas solicitudes (trámite de audiencia) relativas ao expediente sancionador MON-LU-0012/2015-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, para ser notificada por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado acordo e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: MON-LU-0012/2015-CAF.

Interesado: Plácido Roca Lage.

Acto de notificación: acordo relativo a solicitudes do interesado (trámite de audiencia).