Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento declarativo de reintegro dunha axuda socioeconómica de prima non renovable.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 258, do 27 de novembro), logo de intentada, sen éxito, a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada o acto administrativo que se sinala no anexo.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, o prazo computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15780 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de reintegro.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, para que presente as alegacións que considere oportunas en defensa dos seus intereses.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016

Juan Carlos Maneiro Cadillo
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

ANEXO

Beneficiario: Papa Modiane Faye.

NIF: X9515539W.

Número de expediente SXPA: PE113D 2012/101-0.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento declarativo de reintegro do 20 de abril de 2016, ditado pola conselleira do Mar, pola que se declara a procedencia de reintegro total da axuda socioeconómica de prima non renovable concedida no ano 2014.

Último enderezo coñecido: r/ Alcalde Lens, núm. 13, 15010 A Coruña.