Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23316

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 27 de maio de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-0634/2015-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-0634/2015-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulga pertinente.

A Coruña, 27 de maio de 2016

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-0634/2015-PPM.

Persoa interesada: Victoriano Carlos Posse Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Forcarey, 47, 3º D, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-0637/2015-PPM.

Persoa interesada: Diego Montero Lago.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Fernando Blanco, 59, 4º esq., Cee (A Coruña).

Expediente: PSC-RI-499/2015-PPM.

Persoa interesada: Manuel Ángel Somoza García.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Bosque Pazo, 3, Rianxo (A Coruña).