Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23318

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2016 polo que se notifica a resolución de aceptación da renuncia presentada no expediente L12-41300-19-0031.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de aceptación da renuncia á axuda concedida para o proxecto L12-41300-19-0031.

O interesado poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen que o interesado teña comparecido, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: L12-41300-19-0031.

Interesado: Amancio Montes Esperón.

Acto de notificación: resolución de aceptación de renuncia.

Último domicilio coñecido: rúa Maceira, nº 9-11, Combarro, 36993, Poio, Pontevedra