Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23161

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (664/2014).

Eu, María Jesús Pérez Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal número 664/2014, seguido por instancia da procuradora Soledad Sánchez Silva en nome e representación de Ramón Pérez Neira, fronte a Pastor Álvarez Roel, José Álvarez Bar, Antonio Vázquez Porto, José Vázquez Porto, Aurora Vázquez Porto, Camilo Vázquez Porto, Manuel Vázquez Porto, Juan Vázquez Porto e Jesús Vázquez Porto, se ditou sentenza, con data do 26 de xuño de 2015, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Sentenza: 105/2015.

Xuízo verbal nº 664/2014.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2015.

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal tramitados co número 664/2014, en que interviñeron, como demandante, Ramón Pérez Neira, representado pola procuradora dos tribunais Sra. Sánchez Silva e asistido polo letrado Sr. López Fernández e, como demandados, Jesús Vázquez Porto, Juan Vázquez Porto, Manuel Vázquez Porto, Camilo Vázquez Porto, Aurora Vázquez Porto, José Vázquez Porto e Antonio Vázquez Porto, representados polo procurador dos tribunais Sr. Brea Sánchez e asistidos pola letrada Sra. Díaz Tomé, Pastor Álvarez Roel e José Álvarez Bar, ambos en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións.

Dispoño estimar a demanda interposta por Ramón Pérez Neira e, en consecuencia, declárase que o predio inscrito no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela no tomo 63, libro 32, folio 200, predio nº 1514, pertence a Ramón Pérez Neira e á súa dona María de la Torre López, con carácter ganancial, e debe ordenarse a inscrición ao seu favor no Rexistro da Propiedade, con cancelación das inscricións que a aquela resulten contraditorias, e librarse os oportunos despachos unha vez que sexa firme esta resolución, todo isto sen expresa imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación, no prazo de vinte días a partir da súa notificación, para a súa ulterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E ao estaren os demandados Pastor Álvarez Roel e José Álvarez Bar en situación de rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2015

A secretaria xudicial