Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra

EDICTO (331/2014).

José Luis Gutiérrez Martín, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, polo presente anuncio:

No presente procedemento ORD 331/14 seguido por instancia de Campofrío Food Group, S.A. fronte a Boganova, S.L. e Juan Braulio García Martínez ditouse sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

Sentenza.

Xuíza que a dita: Amelia María Cortizo Moure.

Lugar: Pontevedra.

Data: vinte e oito de abril de dous mil dezaseis.

Demandante: Campofrío Food Group, S.A.

Avogado: Luis Fernando González Carracedo.

Procurador: Pedro Antonio López López.

Demandados: Boganova, S.L. (rebeldía procesual), Juan Braulio García Martínez (rebeldía procesual).

Que debo estimar e estimo totalmente a demanda interposta polo procurador Sr. López López, en nome e representación de Campofrío Food Group, S.A., contra Boganova, S.L. e Juan Braulio García Martínez os citados demandados a que de forma conxunta e solidaria aboen á entidade demandante a cantidade de 7.339,73 euros.

Á devandita cantidade aplicarase o xuro legal correspondente desde a data da demanda.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

E encontrándose os devanditos demandados, Boganova, S.L. e Juan Braulio García Martínez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a estes.

Pontevedra, 29 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza