Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23328

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cangas

ANUNCIO de apertura do prazo de convocatoria pública de subvencións en concorrencia competitiva para o desenvolvemento de programas e actividades de servizos sociais e igualdade.

Aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local do 9.5.2016 as bases reguladoras da convocatoria de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de programas e actividades de servizos sociais e igualdade durante o ano 2016 e publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 96, do 20.5.2016 e na páxina web do concello, faise público un extracto destas, así como a apertura de prazo para presentación de solicitudes, co seguinte teor:

1. Finalidade e obxecto. A presente convocatoria ten por obxecto apoiar e promover en réxime de concorrencia competitiva a concesión de subvencións entre as entidades de carácter social sen fins de lucro que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria.

Poderán ser obxecto de subvención as actividades relacionadas na base 1ª, número 1, das bases reguladoras da convocatoria.

2. Destinatarios. Poderán solicitar esta subvención as asociación e colectivos legalmente constituídos que figuren inscritos no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Cangas e que entre os seus obxectivos estatutarios figuren o desenvolvemento de actividades para promover o benestar social da cidadanía do concello de Cangas.

3. Procedemento e prazo. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, ou mediante calquera outro dos medios previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Documentación que hai que presentar. A que figura na base 5ª da convocatoria.

5. Xustificación. O prazo de xustificación terminará o 1 de decembro de 2016, e débese presentar a documentación a que se refire a base 11ª da convocatoria.

6. Financiamento. A concesión das subvencións obxecto desta convocatoria efectuarase con cargo ao orzamento municipal para o exercicio 2016, aplicación 231.48, polo importe total de 9.000,00 euros.

Cangas, 24 de maio de 2016

Xosé Manuel Pazos Varela
Alcalde