Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 8 de xuño de 2016 Páx. 23330

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de formalización do contrato do servizo de casa de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise público para o coñecemento xeral a seguinte formalización de contrato de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Número de expediente: ref. 2360.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de casa de acollida de mulleres vítima de violencia de xénero.

c) CPV: 85311000-2.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: perfil do contratante, BOP e DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 14 de decembro de 2015, 18 de decembro de 2015 e 21 de decembro de 2015.

3. Trámite e procedemento de adxudicación:

a) Trámite: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 91.000,00 euros. IVE: 9.100,00 euros. Importe total: 100.100,00 euros.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de abril de 2016.

b) Data de formalización: 13 de maio de 2016.

c) Contratista: Fundación de Solidaridad Amaranta.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 91.000,00 euros; a entidade está exenta de IVE.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: ser a única oferta presentada e cumprir esta con todos os criterios dos pregos de condicións de conformidade co informe técnico.

Ourense, 16 de maio de 2016

Jesús Vázquez Abad
Alcalde