Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23453

III. Outras disposicións

Instituto de Estudos do Territorio

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios subscritos por este organismo autónomo no primeiro cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto de Estudos do Territorio no primeiro cuadrimestre do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2016

Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio

ANEXO

Convenio

Obxecto do convenio

Achega económica do IET

Data da

sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Administración autonómica de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Instituto de Estudos do Territorio, e o Ministerio de Fomento, a través do Instituto Xeográfico Nacional, para a produción, actualización e intercambio de información xeográfica.

Incorporar novos compromisos de accións que se van desenvolver para levar a cabo tarefas que son comúns ou complementarias, para ambas as dúas partes asinantes, para a produción, actualización e intercambio de información xeográfica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen achega económica

29.1.2016

Convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio, Augas de Galicia e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento dun programa de educación para a sustentabilidade dos ríos (Proxecto Ríos).

Establecer as condicións que rexerán a participación e colaboración entre as partes asinantes para desenvolver as actividades e actuacións planificadas para o ano 2016 no marco do «Proxecto Ríos».

Sen achega económica

18.3.2016

Addenda ao convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración do Catálogo de paisaxes de Galicia.

Prorrogar a vixencia do convenio para a elaboración do Catálogo de paisaxes de Galicia, asinado o 25 de maio de 2015, por período dun ano.

90.000 €

18.12.2015

Protocolo de colaboración entre o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa protección, xestión e ordenación da paisaxe.

Definir o marco xeral de colaboración entre ambas as dúas partes asinantes para o desenvolvemento conxunto de actividades relacionadas coa investigación e divulgación en materia de paisaxe, en especial no referente ao territorio pondaliano.

Sen achega económica

19.4.2016

Convenio de cooperación entre o Instituto de Estudos do Territorio e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración nas directrices da paisaxe de Galicia.

Establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre ambas as dúas partes asinantes nunha actuación conxunta, coordinada e de soporte técnico que permita acadar a redacción das directrices da paisaxe para todo o territorio de Galicia, e así continuar a tramitación para a súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

90.000 €

25.4.2016