Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 9 de xuño de 2016 Páx. 23452

III. Outras disposicións

Xunta Electoral Provincial da Coruña

ACORDO do 7 de xuño de 2016 polo que se fai pública a composición da Comisión de Radio e Televisión, con motivo das eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado convocadas polo Real decreto 184/2016, do 3 de maio.

A Xunta Electoral Provincial, en sesión do 7 de xuño, acordou a publicación da composición da Comisión de Radio e Televisión a que se refire o artigo 65 da Lorex, á cal corresponde, baixo a dirección desta xunta, efectuar a proposta de distribución de espazos gratuítos de propaganda electoral nos medios de comunicación de titularidade pública, en relación coas eleccións ao Congreso dos Deputados e ao Senado que se realizarán o próximo 26 de xuño.

Unha vez que aceptaron os cargos os representantes designados por cada formación política que, concorrendo ás referidas eleccións, ten representación no Congreso dos Deputados, a composición da Comisión de Radio e Televisión é a seguinte:

David Cabezón Santos, presidente

María Estela Pazos Fernández, secretaria

Mercedes Cernadas López, vogal

Manuel Moinelo Allegue, vogal

A Coruña, 7 de xuño de 2015

Manuel Ferreiro González
Letrado da Administración de xustiza na Xunta Electoral Provincial da Coruña