Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 14 de xuño de 2016 Páx. 24235

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2016, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se convoca un novo proceso de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro no ámbito territorial dos concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

Antecedentes:

1. O desenvolvemento local participativo das zonas de pesca estará gobernado polos grupos de acción local e levarase a cabo a través de estratexias de desenvolvemento local integradas, multisectoriais e baseadas en zonas, e os criterios de selección das estratexias serán definidos polos Estados membros.

2. A Orde do 6 de abril de 2015 (DOG núm. 71, do 16 de abril) fixo pública a convocatoria de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) para a elaboración de estratexias de desenvolvemento local participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 en Galicia.

3. O 22 de xaneiro 2016, por resolución da Consellería do Mar, foron seleccionadas 7 organizacións como grupos de acción local do sector pesqueiro, restando por seleccionar candidato ao GALP na zona correspondente aos municipios de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

Consideracións legais e técnicas:

1. O Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen as disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006, do Consello, que establece no título III, capítulo II, o desenvolvemento local participativo (DLP).

2. O Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 2328/2003, (CE) nº 861/2006 1198/2006 e (CE) nº 791/2007, do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1255/2011, do Parlamento Europeo e do Consello, regula nos artigos 58 a 64 o desenvolvemento sustentable das zonas pesqueiras e acuícolas, o cal contribuirá á prioridade número 4 da Unión de «Aumento do emprego e da cohesión territorial».

3. A Orde do 6 de abril de 2015 (DOG núm. 71, do 16 de abril) fixo pública a convocatoria de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro para a elaboración de estratexias de desenvolvemento local participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 en Galicia, quedando por seleccionar candidato ao GALP na zona correspondente aos municipios de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

4. O punto 5 do artigo 14 da Orde do 6 de abril de 2015 establece que no suposto de que na primeira convocatoria queden zonas do territorio sen cubrir, facendo uso da posibilidade recollida no artigo 33.4 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, realizarase unha segunda convocatoria como máis tarde o 31 de decembro de 2017.

5. O artigo 15 da Orde do 6 de abril de 2015 establece que as asociacións candidatas seleccionadas poderán ter dereito á axuda preparatoria da estratexia, sen prexuízo de que a estratexia sexa finalmente seleccionada, para o que asinarán un convenio de colaboración coa Consellería do Mar, para a elaboración da EDLP.

6. A disposición derradeira primeira da Orde do 6 de abril de 2015 autoriza a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro para ditar cantos actos sexan necesarios para o desenvolvemento e execución do disposto da devandita orde.

Polo exposto, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro,

RESOLVE:

Realizar a segunda convocatoria de selección de candidatos para a elaboración da EDLP para o territorio correspondente aos municipios de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo, de conformidade co procedemento establecido na Orde do 6 de abril de 2015 (DOG núm. 71, do 16 de abril) pola que se fai pública a convocatoria de selección de candidatos a grupos de acción local do sector pesqueiro para a elaboración de estratexias de desenvolvemento local participativo no período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020 en Galicia.

As entidades interesadas dirixirán as solicitudes á Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Consellería do Mar, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2016

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

missing image file
missing image file