Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 16 de xuño de 2016 Páx. 24682

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2016 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios das bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia número 247, do 29 de decembro de 2015, publicouse a Resolución do 28 de decembro de 2015 pola que se dá publicidade do acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos premios e axudas deste instituto aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e procedeuse a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Na dita resolución, no seu punto cuarto, establécese a súa dotación orzamentaria, así como que o director xeral do Igape poderá ampliar os créditos e modificar as partidas orzamentarias, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos nos termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

No número quinto da devandita resolución establecíase que os proxectos poderían ter como prazo máximo de execución, alternativamente, o 30 de setembro de 2016 ou o 30 de xuño de 2017.

Unha vez examinados os proxectos e tomada a decisión do xurado, resulta que os prazos de execución dos proxectos individuais das empresas non se axustan á distribución de anualidades do crédito prevista inicialmente polo que, para poder resolver definitivamente a convocatoria e conceder os correspondentes premios e axudas, precísanse redistribuír os devanditos importes.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Único. Redistribuír os créditos orzamentarios das bases reguladoras dos premios e axudas deste instituto aos proxectos Piloto fábrica 4.0 en Galicia (Piloto fábrica 4.0), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, publicadas mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro), quedando establecidos do seguinte xeito:

Partida orzamentaria

Orzamento 2016

Orzamento 2017

09.A1.741A.7706

1.442.099,37

2.457.900,63

09.A1.741A.7820

     20.000,00

     80.000,00

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica