Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 25 de maio do 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016027TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 19 de abril de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2016027TA-OU, a Rojas Mejía, Kirsanys Pamela CIF Y 2539984-Q, titular do establecemento Yoani Sport Bar, con domicilio na rúa Dr. Cabaleiro 4, baixo, 32005 Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Rojas Mejía, Kirsanys Pamela CIF Y 2539984-Q , titular do establecemento Yoani Sport Bar, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avda. de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e queda supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 25 de maio de 2016

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador 2016027TA-OU.

Interesado/a: Rojas Mejía, Kirsanys Pamela, titular do establecemento Yoani Sport Bar

DNI/NIF/CIF: CIF Y 2539984-Q.

Último enderezo coñecido: rúa Dr. Cabaleiro 4, baixo, 32005 Ourense.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601,00 €).