1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.
c) Número de expediente: 17/2016.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: obras de substitución das carpintarías exteriores das fachadas norte da Residencia Vigo-1 pertencente ao Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes (CRAPD VIGO I), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Obxectivo temático 4 “Favorecer a transición a unha economía baixa en carbono en todos os sectores”, prioridade de investimento 3, obxectivo específico 4.3.1 “Mellorar a eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos”, actuación 1.
b) Referencia de nomenclatura: CPA: 41.00.3, 43.32, 43.34.2; CPV: 45000000-7, 45223000-6, 45223000-7, 45223110-0.
c) Lugar de execución: Vigo.
d) Prazo de execución: 2,5 meses.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: cento noventa e nove mil catrocentos trinta euros con un céntimo (199.430,01 €), IVE incluído.
5. Garantías.
Provisional: non se exixe.
Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído (8.240,91 €)).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Obras da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
d) Teléfono:
– Información índole administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).
– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).
e) Fax: 981 54 56 85.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de ofertas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27954
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación e solvencia: ver punto 16 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 3.3 do dito prego.
b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: vinte e seis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O prazo rematará o vixésimo sexto día natural ás 14.00 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 3 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán reflectilo de forma fidedigna no exterior do sobre A, indicando o número de rexistro asignado.
c) Lugar de presentación:
1º. Oficina de rexistro único e información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 19.00 horas e os sábados das 9.00 ás 14.00 horas. A partir do día 16 de xuño o horario da dita oficina será das 9.00 ás 14.00 horas de luns a sábados.
Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.
2º. As proposicións poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.
Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente ao indicado nos parágrafos anteriores, a proposta non será admitida á licitación.
d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses desde a apertura en acto público.
f) Admisión de variantes: non se admiten.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).
Data: o acto público de apertura dos sobres B e C efectuarase no lugar, data e hora que se publicará no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=27954, con tres días hábiles de antelación á súa realización, así como calquera posible variación destas datas.
10. Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2016
O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social