Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25466

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (381/2013).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 381/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ver_PDF contra Marketing Directo Publinor-O, S.L., Oferta Comercial y Control, S.L.U., Fogasa, Lidergal, S.L., Iberpubli, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2016.

Unha vez recibidos os autos remitidos polo Tribunal Superior de Xustiza con testemuño da resolución ditada pola Sala e conforme o disposto, acordo:

– Expídase oficio ao Tribunal Superior de Xustiza en que se avise da súa recepción.

– Déase conta da recepción y autos a S.Sª.

– Póñase en coñecemento das partes a recepción das actuacións e, á vista do acordado nas resolucións ditadas por este xulgado en primeira instancia e pola sala ao resolver o recurso de suplicación, e ao non figurar exercida a opción polas demandadas e constar depositada na conta de depósitos e consignacións a cantidade de 27.225,20 euros, requíranse as partes co fin de que, no prazo de tres días, aleguen o que ao seu dereito conveña sobre o destino da cantidade consignada e designen código IBAN para a transferencia directa de calquera cantidade cuxa entrega se poida acordar ao seu favor neste procedemento.

Transferir ao Tesouro Público a cantidade de 300 euros depositada por cada unha das empresas recorrentes, consignados no seu día como depósito necesario para recorrer e á vista da desestimación dos recursos interpostos.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Oferta Comercial y Control, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza