Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 215/2015).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 215/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Martínez Villar contra CN Cars Santalucía, S.L. sobre despedimento, ditouse a resolución na cal se acorda:

a) Declarar o executado CN Cars Santalucía, S.L. en situación de insolvencia por importe de 513,33 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a CN Cars Santalucía, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza