Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25451

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (159/2015).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento 159/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Jomigal Construcciones, S.L., se ditou o seguinte auto de aclaración de sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

1. Estimar a solicitude de Fundación Laboral de la Construcción de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data do 22.10.2015, no sentido que se indica a continuación.

1º. No encabezamento da sentenza onde di: «…seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Micar Estrada de Construcciones, S.L.», debe dicir: «…seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción fronte á empresa Jomigal Construcciones, S.L.».

2º. No feito probado terceiro onde di: «…a mercantil demandada debe á Fundación Laboral de la Construcción a achega correspondente ao período de xaneiro de 2013 a decembro de 2013 de 303,32 euros + 20 % de mora, o que fai un total debido de 363,98 euros», debe dicir: «…a mercantil demandada debe á Fundación Laboral da Construcción a achega correspondente ao período de xaneiro de 2012 a decembro de 2013 de 548,48 + 20 % de mora, o que fai un total debido de 658,18 euros».

3º. No fundamento de dereito único onde di: «…é procedente recoñecer á demandante o dereito a percibir as cantidades debidas na contía total de 390,67 euros correspondentes ao período de xaneiro de 2013 a decembro de 2013, incluída a recarga do 20 %», debe dicir: «…é procedente recoñecer á demandante o dereito a percibir as cantidades debidas na contía total de 658,18 euros correspondentes ao período de xaneiro de 2012 a decembro de 2013, incluída a recarga do 20 %».

4º. Na resolución, onde di: «Que estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á mercantil Micar Estrada de Construcciones, S.L, condeno a mercantil demandada a que aboe á demandante a cantidade de 363,98 euros…», debe dicir: «Que estimo a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción fronte á mercantil Jomigal Construcciones, S.L, condeno a mercantil demandada a que aboe á demandante a cantidade de 658,18 euros».

Quedan inalterados os demais termos da resolución.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpor recurso, sen prexuízo dos recursos que se poidan interpor fronte á resolución aclarada.

E para que sirva de notificación en legal forma a Jomigal Construcciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de maio de 2016

A letrada da Administración de xustiza