Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 18 de maio de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de reintegro da subvención concedida ao expediente TR352B 2010/5-0 regulado na Orde do 10 de marzo de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 54, do 22 de marzo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade relacionada no anexo a resolución ditada no expediente de reintegro da subvención concedida.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento no prazo dun mes.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, poderá interporse recurso de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio se publica no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Entidade: Asociación de Empresarias de Pontevedra.

Enderezo: avda. García Barbón 104-1º, 36201 Vigo, Pontevedra.

Nº de expediente: TR352B 2010/5-0.

Acto que se notifica: resolución do expediente de reintegro.

Data do acto: 4 de abril de 2016.

Preceptos incumpridos: artigo 9.2 e 9.4 da citada Orde do 10 de marzo de 2010 e artigo 33.1.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade a reintegrar: 2.528,61 euros.