En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en municipios da área semiurbana 7: Cambados, O Grove, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo, polo procedemento negociado sen publicidade e tramitación documentalmente simplificada.
1.1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Política Social.
b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.
c) Número de expediente: PN 16-2016.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
1.2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.
b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, para a reserva e ocupación de prazas no servizo de atención residencial para persoas maiores en situación de dependencia en municipios da área semiurbana 7.
c) CPV: 85320000 servizos sociais.
1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
b) Procedemento: negociado sen publicidade.
1.4. Orzamento base de licitación:
Importe total: 322.500 € (IVE incluído).
1.5. Formalización:
a) Data: 1.6.2016.
b) Contratista: Geriatros, S.A.U.
c) Nacionalidade: española.
d) Importe de adxudicación: 258.000 € (IVE incluído).
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2016
O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social