Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 20 de xuño de 2016 Páx. 25505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a declaración de deserto do servizo de cinco (5) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2016, 2017 e 2018, proposta 5/16-I (expediente 18/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de cinco (5) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2016, 2017 e 2018, proposta 5/16-I.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24749

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 30 de marzo de 2016, BOE núm. 83, do 6 de abril, e DOG núm. 73, do 18 de abril.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 2.218.128,56 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 2.814.048,56 € (incluídas posibles ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de deserto: 20 de maio de 2016.

b) Adxudicataria: non hai.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2016

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural